Saturday 20 de April de 2024

En marcha a convocatoria de axudas para proxectos de emprendemento rural


• A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, xunto á Fundación Caixabank, pon en marcha esta iniciativa, enmarcada no programa “Terra de Oportunidades”.

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos pon en marcha a convocatoria de axudas para proxectos emprendedores no rural, xunto á Fundación Caixabank e no marco do programa “Terra de Oportunidades”.

O obxectivo fundamental destas é favorecer a creación de emprego, a fixación de poboación e a potenciación da cultura emprendedora no territorio Mariñas-Betanzos. Esta convocatoria está dirixida, a emprendedores e emprendedoras no ámbito territorial de Mariñas-Betanzos.

Os proxectos presentados deberán enmarcarse nalgunha das seguintes tipoloxías: Proxectos produtivos con creación de emprego; proxectos de innovación produtiva e proxectos de apertura de negocios comerciais, en especial os que atenden necesidades básicas.
Poderán pertencer a diferentes sectores: agroalimentario, gandería, agricultura ecolóxica, enerxía, forestal, servizos, artesanía, economía circular, mar e litoral, economía verde, ecoturismo, etc.

O prazo de presentación de solicitudes acaba o 15 de febreiro de 2023 ás 15:00 horas, e os proxectos deben iniciarse antes do 30 de setembro de 2023. Para máis información e solicitudes, as persoas interesadas poden enviar un correo a info@marinasbetanzos.gal.